O Porriño
transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
XeoOPorriño
Localización actual:
Casa Consistorial: esta monumental obra do rexionalismo galego foi edificada entre 1919 e 1924 e deseñada por Antonio Palacios. Estruturada sobre un soar reducido, destaca polo seu impoñente pórtico de arcos, balconadas e unha torre almenada de inspiración medieval esculpida integramente no emblemático granito rosa da vila.