5ºA PRIMARIA

5ºA PRIMARIA

Escudo Rianxo

Ponteareas

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

 

reCOÑECENDO Ponteareas

 

As novas xeracións, os habitantes do mañá, descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade, viven nunha “caixiña”, desprázanse noutra “caixiña” máis pequena e chegan a unha “caixa” maior (chámese colexio, centro comercial, polideportivo, … ou parque infantil). Esta é a súa relación coa súa contorna.

Sandra González Álvarez

 

 

Comezouse a traballar coa PERCEPCIÓN, como perciben os futuros habitantes a súa vila ou cidade?, para iso propóñenselle ás nenas, nenos e adolescentes participantes no proxecto: que con debuxos sinxelos móstrennos cales son os elementos fundamentais ou de especial interese para elas e eles, desta maneira saberemos cal é a súa visión da súa vila ou cidade, e así poder traballar a visión colectiva de todos os participantes.

Unha boa acupuntura urbana sería a que fixese que todos coñecesen a súa cidade. Cantas persoas, en realidade, coñecen a súa propia cidade? Dificilmente alguén respecta o que non coñece. Pero como respectar á túa cidade se non a comprendes?. Debuxa a túa cidade. […] Pero como podes mellorar a túa cidade se nin sequera coñécela ben? Que fas por ela, se nin sequera es capaz de debuxala? Ese é o quid da cuestión.

Jaime Lerner

5ºB PRIMARIA

5ºB PRIMARIA

Escudo Rianxo

Ponteareas

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

 

reCOÑECENDO Ponteareas

 

As novas xeracións, os habitantes do mañá, descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade, viven nunha “caixiña”, desprázanse noutra “caixiña” máis pequena e chegan a unha “caixa” maior (chámese colexio, centro comercial, polideportivo, … ou parque infantil). Esta é a súa relación coa súa contorna.

Sandra González Álvarez

 

 

Sandra:
Pechade un pouco os ollos e pensade neses lugares importantes para vós.
Eses sitios onde vos sentides cómodos, onde quedades cos amigos, onde xogades ou pasades tempo.

Pensade:
• Como son?
• A que cheiran?
• Que sons hai?
• Como é o tacto?
• Que vivencias tedes nese lugar?

 Vale, quen empeza?

 Neno 1

Neno 1: Cheira a terra.
Sandra: E que máis?
Neno 1: Tamén se nota a terra no tacto.
Sandra: Que fas alí?
Neno 1: Andar en bici.
Sandra: E que sons hai?
Neno 1: Paxaros, bicicletas… e golpes.
Sandra: Alguén sabe onde é?
Neno 1: Por Pardellas.
Neno 1: Está preto de Pardellas, si. É un circuíto de bicis.

– O circuíto de bicis

 Neno 2

Sandra: Seguimos. Pechamos os ollos outra vez.
Neno 2: Cheira a churros.
Sandra: Moi ben. E como é o tacto?
Neno 2: Como de tea, de roupa.
Sandra: E que vivencias tes aí?
Neno 2: Comprar roupa.
Outro neno: É a feira.
Sandra: Claro, por iso cheira a churros.

– A feira

 Nena 3

Nena 3: Cheira a árbores e natureza.
Sandra: E o tacto?
Nena 3: Hai bambús.
Sandra: Que sintes nese lugar?
Nena 3: Tranquilidade.
Sandra: É un espazo natural en Fontela, non?
Nena 3: Si.

– Un espazo natural en Fontela

 Nena 4

Nena 4: Cheira a comida.
Sandra: A que comida?
Nena 4: A carne.
Sandra: Como é o espazo?
Nena 4: É pechado. Escoítanse caixas rexistradoras.
Outro neno/a: O Mercadona!
Sandra: Exacto.

– O Mercadona

 Neno 5

Neno 5: É un lugar robusto. Cheira a natureza.
Sandra: Que se escoita?
Neno 5: Paxaros.
Sandra: E que fas alí?
Neno 5: Andar.
Outro neno/a: Unha ruta de sendeirismo.
Sandra: Moi ben.

– Ruta de sendeirismo

 Nena 6

Nena 6: Cheira a vacas e cabalos.
Sandra: Que máis?
Nena 6: Escoítanse os chocalos das vacas cachenas.
Sandra: E que fas alí?
Nena 6: Camiñar e merendar.
Outro neno/a: O Galleiro.
Sandra: Correcto.

– O monte do Galleiro

 Neno 7

Neno 7: Sabe a chuches.
Sandra: Hai moito ruído?
Neno 7: Si.
Sandra: Como é o tacto?
Neno 7: Como de pedra.
Outro neno/a: A tenda das lambonadas.
Sandra: Moi ben.

– A tenda de lambonadas

 Nena 8

Nena 8: Hai moita auga e cheira a cloro.
Sandra: Como é o chan?
Nena 8: Como de ladrillo.
Sandra: E que sensación tes?
Nena 8: Mollado.
Outro neno/a: A piscina.
Sandra: Exacto.

– A piscina

 Nena 9

Nena 9: Cheira a comida.
Sandra: Hai moito barullo?
Nena 9: Máis ou menos.
Sandra: É un sitio pechado?
Nena 9: Si.
Outro neno/a: O Túnel.
Sandra: Moi ben.

– Restaurante O Túnel

 Nena 10

Nena 10: Ás veces cheira a esterco e outras veces a natureza.
Sandra: Hai aire na cara?
Nena 10: Si.
Sandra: É unha finca?
Nena 10: Non, unha casiña na montaña.
Sandra: Agora entendemos.

– A súa casa

 Nena 11

Nena 11: Cheira a chuches.
Sandra: Como é o tacto?
Nena 11: Rugoso.
Sandra: Hai ruídos?
Nena 11: Si.
Outro neno/a: Hai flocos de millo e lambonadas.
Sandra: Moi ben.

– Outra tenda de lambonadas

 Nena 12

Nena 12: Cheira a comida, sobre todo a pizzas e macarróns.
Sandra: Hai moito ruído?
Nena 12: Algo.
Sandra: Como é o tacto?
Nena 12: Liso.
Outro neno/a: San Martín.

– Restaurante San Martín

 Nena 13

Nena 13: O chan é liso e de madeira.
Sandra: Que se fai alí?
Nena 13: Deporte.
Sandra: Que vivencias tes?
Nena 13: Ir á escola.
Outro neno/a: O Álvaro Pino.
Sandra: Moi ben.

– Pavillón Álvaro Pino

 Neno 14

Neno 14: Hai herba e moitas árbores. Tamén hai mesas para facer picnic.
Sandra: A que cheira?
Neno 14: A natureza, e ás veces un pouco a fume de coches.
Sandra: Que fas alí?
Neno 14: Xogar cos meus amigos.
Sandra: Onde está?
Neno 14: Preto de San Mateo.

– Parque preto da casa

 Nena 15

Nena 15: Ás veces cheira a terra mollada e outras a terra seca.
Sandra: Que sons hai?
Nena 15: Azadas traballando na terra.
Sandra: Como é o lugar?
Nena 15: Ten valados de madeira.
Outro neno/a: É unha horta.
Sandra: Exactamente.

– A horta

 Neno 16

Neno 16: Non cheira a nada especial, a aire normal.
Sandra: Como é o chan?
Neno 16: De pedra.
Sandra: Hai ruído?
Neno 16: Nenos berrando.

– Unha praza ou patio

 Nena 17

Nena 17: Cheira un pouco a suor.
Sandra: Que se escoita?
Nena 17: Xente correndo.
Sandra: Como é o chan?
Nena 17: Céspede.
Outro neno/a: Un campo de fútbol.
Sandra: Moi ben. Xa me parecía raro que non aparecese o fútbol.

– Campo de fútbol

 

A vila que se sente

Habitualmente, o proxecto A Vila do Mañá traballa coa observación da vila ou cidade a través da imaxe, convidando ás nenas, nenos e adolescentes a identificar aqueles lugares, espazos e elementos que forman parte da súa experiencia cotiá.

Nesta ocasión, decidimos deixar de mirar para comezar a sentir a vila doutro xeito.

En lugar de observar a vila cos ollos, propuxemos sentila. A través dun podcast colectivo, o alumnado pechou os ollos para pensar Ponteareas desde outros sentidos: os sons, as texturas, os cheiros, as sensacións e as emocións que conforman os lugares importantes da súa vila.

As participantes describiron espazos significativos sen recorrer á vista, construíndo colectivamente unha nova maneira de contar e comprender a vila. Nace así unha experiencia urbana que vai moito máis alá da imaxe, demostrando que a arquitectura e o espazo público tamén poden ser pensados desde o corpo, a memoria e os afectos.

Durante a sesión apareceron lugares de encontro, espazos de xogo e recunchos cotiáns que forman parte da vida das nenas e nenos, revelando unha vila máis sensorial, íntima e diversa.

Como é unha vila cando deixamos de mirala?

Tags

Acoruñanarede (1) A Coruña Xa (1) A Estrada (6) Ames (7) Anxel Casal (3) A Pobra do Caramiñal (2) ArchDaily (1) Architecture (41) Arquitectura (189) Arteixo (2) Arzúa (48) As Pontes (2) Atlántico (1) A Vila do Mañá (354) Bandeira verde (3) Barbadás (22) Biblioteca (1) Bienal de Venecia (2) Bienal Iberoamericana (6) Bisbarra (3) Boa Vila (4) Brasil (4) Bueu (6) Cambados (6) Camino de Santiago (39) Canal Barbanza (7) Canal Rías Baixas (9) Carballo (50) Casas Maestros (1) Cidade (108) Cidade da cultura (1) Ciudades Accesibles (99) Ciudad Histórica (9) codiseño (17) Coia (9) Colexio San Francisco Vilagarcía de Arousa (3) Compostela24horas.com (1) Concello de Carballo (1) Conferencia (5) Coronavirus (106) Covid (107) crtvg (1) Curtis (6) Código Cero (1) DaCoruña (1) Deputacion da Coruña (1) derecho a la ciudad (101) Diari de Sabadell (1) Diario de Arousa (22) Diario de Bergantiños (2) Diario de Ferrol (9) Diario de Pontevedra (1) Diary of Arousa (29) Distancia social (82) Ecos da comarca (6) El Comarcal (1) El Correo Gallego (40) ElDiario.es (1) El progreso (2) enfoques (2) Entrevista (6) Faro de Vigo (56) Ferrol (9) Ferrol360.es (1) Flotadores (8) Galicia (340) Galicia@PRESS (3) Galicia Artabra (1) GDiario (2) Girls (3) Hai Mulleres (4) Historia de Galicia (1) Hoyesarte.com (2) Huerta urbana (7) Infancia (244) Inmodiario (1) inquEDU (2) Instituto Alexandre Bóveda (5) Internacional (4) La Opinión (20) La Región (29) La Voz de Galicia (139) Libro (8) Lina Bo Bardi (7) Lindeiros (2) literatura galega (1) Lo Que Yo Te Digo (2) Ludantia (4) Madrid (4) Malpica (18) Medio ambiente (3) Miño (3) Mobilidade (2) Mondoñedo (6) Nenas nenos e adolescentes (258) News (41) NH Diario (10) Nius Diario (1) Noticia (243) Noticias da regiao (1) O Barbanza (2) Observador (1) O Correo de Bergantiños (2) O Porriño (4) Padrón (4) Paisaje (150) Pandemia (60) Parque (2) Participación protagónica (95) Patrimonio (168) Patrimonio cultural (6) Pazo do Martelo (1) PonteAreas (5) Pontecesures (2) Pontevedra (4) PontevedraViva!com (2) Portugal (1) Praza da Independencia (2) Protagonist participation (41) Protegim-nos (1) Que pasa na Costa (3) quincemil (1) RadioValladares (1) Redes (1) Región (7) Revista AMSGO! (1) RevistaDeArte - Logopress (2) Riano (1) Rianxo (29) Ribadeo (1) Ribeira (10) Rúa (106) Sada (5) Sandra Gonzalez Alvarez (20) Sandra González (203) Santiago de Compostela (4) Semana Mobilidade (7) Sesc Santo Amaro (1) Silleda (25) Street (41) São Paulo (6) Taboleiro de xogo (5) Talleres (210) Teixeiro (3) Telecinco (1) Telemiño (1) Televisión de Galicia (3) Terrachá xá (2) Touro (15) treintayseis (1) TV (3) Urbanism (22) Urbanismo (153) Urbanismo de Guerrilla (175) Urbanismo táctico (116) Ven a Galicia (1) Verín (5) Viena (2) Vigo (10) Vila (147) Vilagarcía (28) Village (22) Vimianzo (12) Virtual (51) Vía Láctea Comunicación (1) Workshops (22) Xogo da oca (5) XUNTA DE GALICIA (3) YES (2)

Logo A Vila do Mañá

Proxecto financiado por:

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña

Grazas polo teu aporte