Traballando co PLANO, experimentando con texturas

Traballando co PLANO, experimentando con texturas

Bueu

 

TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

experimentando con texturas

O obxectivo de ‘A Vila da Mañá’ é cambiar o modelo de vila ou cidade, creemos que outra pode ser posible. Isto conséguese a través da participación protagónica das nenas, nenos e adolescentes do lugar que, traballando cos conceptos fundamentais a través de accións de urbanismo táctico convértense en cidadanía activa capaz de transformar os seus espazos. 

Neste caso trabállase co espazo, sendo o corpo que percorre e xoga nos espazos con todos os sentidos despregados, a través da experimentación da luz, a textura, a cor, o son… transformando os espazos públicos en comúns.

“Pero a liña esconde entre as súas outras propiedades, e en última instancia, o profundamente oculto desexo de procrear un plano, converténdose así nun ente máis denso, máis pechado en si mesmo. […] Cando morre a liña, en que momento xorde o plano? […] Por plano básico enténdese a superficie material chamada a recibir o contido da obra. […] O plano básico esquemático está limitado por 2 liñas horizontais e 2 verticais, e, adquire así, en relación ao ambiente que o rodea, unha entidade independente.”

Kandinsky

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

VAI ao cole, na Vila da Mobilidade (rutas escolares seguras)

VAI ao cole, na Vila da Mobilidade (rutas escolares seguras)

Vilagarcía

 

TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

CAMIÑANDO NO NOSO DÍA A DÍA

O VAI AO COLE, NA VILA DA MOBILIDADE é unha iniciativa que ten como obxectivo promover e facilitar ós nenos ir á escola por si mesmos. Ademais, dende unha perspectiva máis ampla, tamén pode entenderse como unha estratexia educativa que promove a educación en valores como respecto, responsabilidade e solidariedade.

Esta actividade desenvolveuse dende as 10.00 am ata a 1.00 pm coas diferentes escolas de Vilagarcía de Arousa.

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Transformando o espazo traballando co PUNTO

Transformando o espazo traballando co PUNTO

Santiago de Compostela

 

TRANSFORMANDO o espazo

TRABALLANDO CO PUNTO

Traballamos co punto como ferramenta elemental, baseándonos en Kandinsky, e permitiranos a invasión de espazos.

Utilizaremos como punto, os globos, elemento co que estamos familiarizados dende cativos.

“Na nosa percepción o punto é a ponte esencial, único, entre palabra e silencio. […] O punto é ademais, no seu exterior, o elemento práctico, utilitario, que dende nenos coñecemos. O signo exterior vólvese costume e escurece o son interior do símbolo. […] O son do silencio cotián é, para o punto, tan estridente, que se impón sobre todas as súas demais propiedades.”

Kandinsky

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.
Traballando coa LIÑA

Traballando coa LIÑA

Santiago de Compostela

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

TRABALLANDO COA LIÑA

“Habitar, para o individuo ou para o grupo, é apropiarse de algo. Apropiarse non é ter en propiedade, senón facer a súa obra, moldeala, formala, poñer o selo propio. Habitar é apropiarse dun espazo […] Con este termo [apropiación] non nos referimos a propiedade; é máis, trátase de algo totalmente distinto; trátase do proceso segundo o cal un individuo ou grupo aprópiase, transforma no seu ben, algo exterior.”
Henri Lefebvre

“A Vila do Mañá” xorde do dereito á cidade, tal como defendía Henri Lefebvre, polo que as persoas que habitan nela teñen dereito ao seu goce, á súa transformación e a que reflicta a súa maneira de entender a vida en comunidade. Dende este punto de vista, como non incluír o dereito de nenas, nenos e adolescentes á súa vila? Por iso, considerase o espazo público como un espazo común de aprendizaxe e construción colectiva no que a infancia e a adolescencia tamén debe ter cabida.

Color your city

The village or city in which we are working has been turned into a game board, a laboratory of experimentation where girls, boys and teenagers can act from a new point of view.

Traballando con ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

Traballando con ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

Santiago de Compostela

transformando a vila coa participación protagónica

traballando con elementos tridimensionais

“A oportunidade de que a nena e o neno descubran o seu propio movemento forma parte da cidade en si; a cidade tamén é un espazo de xogo. A nena e o neno utilizan todos os elementos da cidade, todos os obxectos construídos, todas as superficies polas que pode agatuñar ou trepar. As nenas e os nenos saben xogar moi ben con estas cousas, aínda que non teñan permiso para iso.”
Aldo van Eyck

“A Vila do Maña” traballa con elementos tridimensionais baseándose no “terceiro don” de Froebel.
Na arquitectura temos de referencia a Froebel, a través de Frank Lloyd Wrigth que foi educado con este método. Trátase dun sistema baseado na creatividade e intuición da nena, neno a través da experiencia directa, o xogo e a natureza. Crea un recurso pedagóxico baseado en “dons” e “ocupacións”. Os “dons” son materiais pedagóxicos que non cambian pero transfórmanse; as ocupacións son actividades na que as nenas, nenos xogan mediante a transformación dos obxectos que manipula. Os “dons” son precursores dos bloques de construción da actualidade (Lego, Tente, …).

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Transformando o espazo traballando co PUNTO

Transformando o espazo traballando co PUNTO

Santiago de Compostela

 

TRANSFORMANDO o espazo

TRABALLANDO CO PUNTO

Queremos que descubran cómo se conectan as súas casas á cidade, recuperando a idea de Leon Battista Alberti de entender a casa como unha gran cidade e a cidade como unha pequena casa; e aquela na que Aldo van Eyck expón na súa diagrama da árbore e a folla: “unha árbore é una folla, una folla é unha árbore. Unha casa é una cidade, e a cidade unha casa

Partiremos dun elemento tridimensional de uso común, o globo. Con él, realizaranse nun primeiro lugar composicións básicas de tres unidades. Con isto pretendemos establecer o concepto de triángulo como elemento indeformable. Despois, iranse unindo os grupos de tres globos ata formar unha cadea. Con ela invadiremos os espazos que desexemos.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.
Traballando con ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

Traballando con ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

Santiago de Compostela

transformando a vila coa participación protagónica

traballando con elementos tridimensionais

“A oportunidade de que a nena e o neno descubran o seu propio movemento forma parte da cidade en si; a cidade tamén é un espazo de xogo. A nena e o neno utilizan todos os elementos da cidade, todos os obxectos construídos, todas as superficies polas que pode agatuñar ou trepar. As nenas e os nenos saben xogar moi ben con estas cousas, aínda que non teñan permiso para iso.”
Aldo van Eyck

“A Vila do Maña” traballa con elementos tridimensionais baseándose no “terceiro don” de Froebel.
Na arquitectura temos de referencia a Froebel, a través de Frank Lloyd Wrigth que foi educado con este método. Trátase dun sistema baseado na creatividade e intuición da nena, neno a través da experiencia directa, o xogo e a natureza. Crea un recurso pedagóxico baseado en “dons” e “ocupacións”. Os “dons” son materiais pedagóxicos que non cambian pero transfórmanse; as ocupacións son actividades na que as nenas, nenos xogan mediante a transformación dos obxectos que manipula. Os “dons” son precursores dos bloques de construción da actualidade (Lego, Tente, …).

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Traballando co PLANO, experimentando con texturas

Traballando co PLANO, experimentando con texturas

Arteixo

 

TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

experimentando con texturas

Neste caso trabállase co plano como ferramenta necesaria, con el modifícanse os seus espazos, contendo neles as súas obras e apropiándose do espazo da vila a través das propias transformacións.

Trabállase o plano horizontal, experiméntase, xógase con el. Cremos que o chan é un elemento fundamental nas nosas cidades, non é o mesmo vivir sobre asfalto que sobre herba, para iso podemos analizar a experiencia vivida na Praza Maior de Madrid, que con motivo do cuarto centenario da súa creación, SPY cobre o centro da praza cun círculo de céspede artificial de setenta metros de diámetro. Durante os dous días que dura a intervención, os madrileños redescubren novos usos para a praza centenaria, o espazo cambia e así o fan os usos, sentan, déitanse, xogan ou descálzanse…

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Cómo é a túa VILA? Qué elementos DESTACARÍAS?

Cómo é a túa VILA? Qué elementos DESTACARÍAS?

Bertamiráns

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

Como é a túa vila? que elementos destacarías?

“Unha boa acupuntura urbana sería a que fixese que todos coñecesen a súa cidade. Cantas persoas, en realidade, coñecen a súa propia cidade? Dificilmente alguén respecta o que non coñece. Pero, como respectar a tu cidade se non a comprendes?. Debuxa a túa cidade. […] Pero, como podes mellorar a túa cidade se nin sequera a coñeces ben? Que fas por ela, se nin sequera es capaz de debuxala? Ese é o quid da cuestión.”

Jaime Lerner

Comézase a traballar coa PERCEPCIÓN. Como perciben os futuros habitantes do lugar a súa vila ou cidade?, para iso propónselles aos participantes que con debuxos sinxelos nos mostren cales son os elementos fundamentais para eles, ou de especial interese da súa vila ou cidade. Deste xeito saberemos cal é a súa visión do lugar que habitan e así poder traballar a visión colectiva de todos os participantes.

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Traballando coa LIÑA

Traballando coa LIÑA

Bertamiráns

transformando a vila COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA

traballando coa liña

“Habitar, para o individuo ou para o grupo, é apropiarse de algo. Apropiarse non é ter en propiedade, senón facer a súa obra, moldeala, formala, poñer o selo propio. Habitar é apropiarse dun espazo […] Con este termo [apropiación] non nos referimos a propiedade; é máis, trátase de algo totalmente distinto; trátase do proceso segundo o cal un individuo ou grupo aprópiase, transforma no seu ben, algo exterior.”
Henri Lefebvre

“A Vila do Mañá” xorde do dereito á cidade, tal como defendía Henri Lefebvre, polo que as persoas que habitan nela teñen dereito ao seu goce, á súa transformación e a que reflicta a súa maneira de entender a vida en comunidade. Dende este punto de vista, como non incluír o dereito de nenas, nenos e adolescentes á súa vila? Por iso, considerase o espazo público como un espazo común de aprendizaxe e construción colectiva no que a infancia e a adolescencia tamén debe ter cabida.

Colorea a túa vila

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.

Tags

Acoruñanarede (1) A Coruña Xa (1) A Estrada (6) Ames (7) Anxel Casal (3) A Pobra do Caramiñal (2) ArchDaily (1) Architecture (41) Arquitectura (189) Arteixo (2) Arzúa (48) As Pontes (2) Atlántico (1) A Vila do Mañá (354) Bandeira verde (3) Barbadás (22) Biblioteca (1) Bienal de Venecia (2) Bienal Iberoamericana (6) Bisbarra (3) Boa Vila (4) Brasil (4) Bueu (6) Cambados (6) Camino de Santiago (39) Canal Barbanza (7) Canal Rías Baixas (9) Carballo (50) Casas Maestros (1) Cidade (108) Cidade da cultura (1) Ciudades Accesibles (99) Ciudad Histórica (9) codiseño (17) Coia (9) Colexio San Francisco Vilagarcía de Arousa (3) Compostela24horas.com (1) Concello de Carballo (1) Conferencia (5) Coronavirus (106) Covid (107) crtvg (1) Curtis (6) Código Cero (1) DaCoruña (1) Deputacion da Coruña (1) derecho a la ciudad (101) Diari de Sabadell (1) Diario de Arousa (22) Diario de Bergantiños (2) Diario de Ferrol (9) Diario de Pontevedra (1) Diary of Arousa (29) Distancia social (82) Ecos da comarca (6) El Comarcal (1) El Correo Gallego (40) ElDiario.es (1) El progreso (2) enfoques (2) Entrevista (6) Faro de Vigo (56) Ferrol (9) Ferrol360.es (1) Flotadores (8) Galicia (340) Galicia@PRESS (3) Galicia Artabra (1) GDiario (2) Girls (3) Hai Mulleres (4) Historia de Galicia (1) Hoyesarte.com (2) Huerta urbana (7) Infancia (244) Inmodiario (1) inquEDU (2) Instituto Alexandre Bóveda (5) Internacional (4) La Opinión (20) La Región (29) La Voz de Galicia (139) Libro (8) Lina Bo Bardi (7) Lindeiros (2) literatura galega (1) Lo Que Yo Te Digo (2) Ludantia (4) Madrid (4) Malpica (18) Medio ambiente (3) Miño (3) Mobilidade (2) Mondoñedo (6) Nenas nenos e adolescentes (258) News (41) NH Diario (10) Nius Diario (1) Noticia (243) Noticias da regiao (1) O Barbanza (2) Observador (1) O Correo de Bergantiños (2) O Porriño (4) Padrón (4) Paisaje (150) Pandemia (60) Parque (2) Participación protagónica (95) Patrimonio (168) Patrimonio cultural (6) Pazo do Martelo (1) PonteAreas (5) Pontecesures (2) Pontevedra (4) PontevedraViva!com (2) Portugal (1) Praza da Independencia (2) Protagonist participation (41) Protegim-nos (1) Que pasa na Costa (3) quincemil (1) RadioValladares (1) Redes (1) Región (7) Revista AMSGO! (1) RevistaDeArte - Logopress (2) Riano (1) Rianxo (29) Ribadeo (1) Ribeira (10) Rúa (106) Sada (5) Sandra Gonzalez Alvarez (20) Sandra González (203) Santiago de Compostela (4) Semana Mobilidade (7) Sesc Santo Amaro (1) Silleda (25) Street (41) São Paulo (6) Taboleiro de xogo (5) Talleres (210) Teixeiro (3) Telecinco (1) Telemiño (1) Televisión de Galicia (3) Terrachá xá (2) Touro (15) treintayseis (1) TV (3) Urbanism (22) Urbanismo (153) Urbanismo de Guerrilla (175) Urbanismo táctico (116) Ven a Galicia (1) Verín (5) Viena (2) Vigo (10) Vila (147) Vilagarcía (28) Village (22) Vimianzo (12) Virtual (51) Vía Láctea Comunicación (1) Workshops (22) Xogo da oca (5) XUNTA DE GALICIA (3) YES (2)

Logo A Vila do Mañá

Proxecto financiado por:

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña

Grazas polo teu aporte